30 abril 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. DISCOGRAFÍA BÁSICA NA MÚSICA TRADICIONAL E FOLK DE GALICIA. XOSÉ LIZ. VENRES 10 E 24 DE MAIO


O mestre Xosé Liz é o encargado deste curso que pretende dar a coñecer os traballos discográficos decisivos na historia da música folk e tradicional de Galiza. Para iso, estudiarase a evolución que tivo lugar na nosa música en función dos distintos acontecementos históricos do século XX. Levarase a cabo unha exposición de xeito
cronolóxico abranguendo dende a primeira gravación do coro pontevedrés "Aires da Terra" até o debut dos lucenses "Fuxan os Ventos" en 1975. A última xornada estará adicada aos derradeiros 30 anos de discografía.

16h – 19h
ETRAD. Aula 5. Perfecto Feijoó
Número de prazas: 20
Último día de matriculación: 8 de maio

Créditos computables por horas na ETRAD: 6h

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego