Por primeira vez nos seis de vida da ETRAD, os alumnos que cursaron 6º curso do ciclo avanzado rematan os seus estudos constituíndose na 1ª promoción que finaliza o recorrido académico na escola.
O vindeiro martes 25 de xuño, Inés Lorenzo Estévez (arpa céltica), Teresa Gómez Fernández (zanfona), Beatriz Martínez Gómez (arpa céltica) e Samuel Soto Macía, ofrecerán, cada un deles, un concerto de 40 minutos preparado para a ocasión durante este último curso.
Agardamos a vosa asistencia para disfrutar do talento e a creatividade deste catro excelentes músicos que tanto van dar que falar no eido da música folk e tradicional do noso país.
Data: MARTES 25 DE XUÑO.
Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL (Praza do Concello)
hora: 19 horas.
ÚLTIMAS INVITACIÓNS
Recoller na ETRAD
R/ García Barbón. nº5. Vigo
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario