02 setembro 2013

ÚLTIMA SEMANA DE PREINSCRICIÓN NA ETRAD. DO 2 AO 6 DE SETEMBRO

Entramos na última semana de prazo para poder preinscribirse como novo alumno no curso 2013-14 na ETRAD. Lembrámosvos as especialidades instrumentais da escola: acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona. Como novidade teremos dúas quendas de mañá no itinerario básico de case todos os instrumentos.
A edade mínima de matriculación: 8 anos cumplidos no 2013.
matrícula é completamente de balde.
Non se requiren coñecementos previos de música para o itinerario básico.
Dispoñemos de instrumentos e de aulas para estudar durante o 1º ano en moitas das especialidades instrumentais.

Tedes toda a info dos itinerarios, horarios, etc., no seguinte enlace:  Info curso ETRAD 2013-2014
Accede á preinscrición en liña aquí:  inscrición on-line ETRAD curso 2013-14

Calendario de preinscrición
On line: do 17 de xuño ao venres 6 de setembro.

Presencial: do 17 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro.
Horario: de 11:00 a 14:00 hs. na secretaría da ETRAD.
R/ García Barbón, 5. 36201-Vigo
986 228 087/ 986 228 088


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego