30 maio 2014

SonDeSeu opta a dous galardóns na gala dos XIII Premios Opinión que se celebra hoxe ás 20:30hs no Teatro Rosalía de A Coruña

A gala dos XIII PREMIOS OPINIÓN celebrarase hoxe, venres 30 de maio no Rosalía

, no que a OFG SonDeSeu dirixida polo director da ETRAD, Rodrigo Romaníopta a dous galardóns: Premio ao mellor disco Folk do ano 2013  por "Danzas Brancas" e mellor tema orixinal por Sil Lenzo do mestre da nosa escola, Anxo PIntos.

Na cerimonia que premia aos mellores traballos do folk actuarán o gaiteiro Pablo Devigo, o cuarteto Saiva Nova, o trío PeldeNoz e Anxo Pintos acompañado pola voz de Serxo Ces

A décimo terceira edición dos PREMIOS OPINIÓN de música folk xa ten definido o seu programa de actuacións para a gala de entrega dos galardóns, que un ano máis se desenvolverá no teatro Rosalía de Castro. A data sinalada para festexar os mellores traballos da música de raíz elaborados durante o ano 2013 é a do 30 de maio, comezando o espectáculo ás 20.30 horas.

O ton das actuacións previstas aposta por amosar unhas caras diferentes do folk, afastándose dos canóns máis ortodoxos coñecidos noutras épocas para ofrecer unha variedade sonora que non fai máis que reflectir o que está a acontecer na propia escena musical galega ao longo dos últimos tempos.



Os asistentes poderán escoitar unha vea creativa diferente do noso mestre de zanfona Anxo Pintos realizou a banda sonora para unha curtametraxe documental de David Beriain titulada Percebeiros, no que o protagonista é Serxo Ces, cantante de Os Cempés que leva anos exercendo esa dura profesión. O músico vigués tocará as pezas que compoñen a banda sonora no escenario do teatro Rosalía de Castro e como broche final á súa intervención estará acompañado nun par de pezas pola voz de Serxo, quen interpretará a cantiga dos percebeiros coñecida xa de cando a comezou a interpretar hai anos cos Cempés.

Desexámoslle sorte a todos os nominados e nominadas desta edición!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego