O mércores 24 de setembro, comeza o curso na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo. Con nove especialidades instrumentais: Acordeón, Arpa Céltica, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona. As aulas están impartidas por algúns dos mellores músicos e especialistas do ámbito docente e musical do noso país.
Este ano volveremos a superar a cifra de 500 alumnos matriculados.
Agardamos que sexa para todos, un curso ateigado de boa música e felicidade.
BENVID@S!!!
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario