19 decembro 2014

SONDESEU AO VIVO. SETÚBAL. FÓRUM LUÍSA TODI. 3 DE XANEIRO. 21:30 hs

SonDeSeu, a orquestra da ETRAD, protagonizará o concerto de Ano Novo na vila portuguesa de Setúbal. Será o 3 de xaneiro de 2015 ás 21:30 hrs na sala principal do Fórum Municipal Luísa Todi. Avda. Luísa Todi, nº 61-67. 2900-459 Setúbal. billetes SDS
Entradas dispoñibeis aquí

Dirixida por Rodrigo Romaní, SondeSeu, a Orquestra Folk de Galicia, converteuse desde a súa aparición na escea folk europea no ano 2001, nunha pioneira e novedosa fábrica de  talento e creatividade.

Extraída da experiencia pedagóxica da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, que acolle na actualidade a máis de 500 alumnos matriculados en nove especialidades instrumentais, na orquestra conviven tanto músicos en formación como profesionais.

Están coordinados nas diferentes seccións instrumentais, por algúns dos músicos de maior  traxectoria e recoñecemento do país: Rodrigo Romaní encárgase da dirección e da coordinación da sección de Arpa Céltica, Xaquín Xesteira das de Gaita e Percusión, Alfonso Franco da de Violíns, Xosé Liz das de Bouzouqui e Requinta, Javier Feijoo (Chisco) da de canto e Anxo Pintos da de zanfona.

A presenza e a intensidade interpretativa dos 45 músicos converten a sonoridade desta formación nunha nova senda na que as paisaxes sonoras da tradición musical galega, amplían o seu horizonte desde unha masa tímbrica e unhas composicións e arranxos marcados polo fino, respectuoso e sabio uso da creación e a recreación máis contemporánea.

A realidade desta experiencia única no continente europeo, materializouse en catro discos de estudio: “Mar de Vigo” (2004), “Trastempo” (2007), “Barlovento” (2010) e “Danzas Brancas” (2013), así como na realización de numerosos concertos en Francia, Italia, Irlanda, Portugal, Finlandia e España.

Dadas as súas características, SondeSeu é invitada con regularidade á realización de espectáculos únicos. Foron os casos de dous concertos de Nadal da Universidade de Vigo (2008, 2013) ou do concerto de nadal da Televisión de Galicia (2008). Para estas ocasións a orquestra contou co concurso de importantes artistas como Kepa Junquera, Rushad Eggleston, Uxía, Carmen París, Rosa Cedrón, Budiño, Emilio Rúa, Nino Galissa, Susana Seivane ou Soledad Giménez (Presuntos Implicados).

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego