14 marzo 2015

A OFG SondeSeu ofrece un ciclo de concertos didácticos polos Centros Culturais de Vigo. Do 14 de marzo ao 29 de maio

O presente ciclo de concertos didácticos da OFG Sondeseu, pretende aproximar ao público da cidade a un coñecemento máis profundo da súa orquestra folk, prezando o funcionamento desta fórmula musical que se deriva da tradición e entendendo as claves que os músicos utilizan para crearen novas pezas con materiais antigos.
Nestes concertos explicamos cal é a composición das diferentes seccións e como conflúen todas elas para chegares ao resultado final. Asemade establecemos un diálogo aberto co público para ilustraren todos aqueles aspectos que podan resultar de interese para a audiencia.

O ciclo de concertos arranca o sábado 14 de marzo, ás 20:30hs. no Centro Cultural e Recreativo de Cabral. R/ Becerreira, nº 145.

OFG SONDESEU
ciclo de concertos didácticos 
sábado 14 de marzo
Centro Cultural e Recreativo de Cabral
20:30hs.
R/ Becerreira, nº 145
Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego