07 maio 2015

Monográfico: Actuar en público. Como combater a ansiedade escénica. Técnica, trucos e práctica. Anxo Pintos. Venres 15 de maio. 16hs.

Neste monográfico impartido por Anxo Pintos, trataremos sobre nocións básicas sobre a estrutura e organización cerebral, o funcionamento e importancia dos neurotransmisores, a comunicación non verbal, os temperamentos e os mapas representacionais. A parte práctica levarase a cabo con exercicios de dicción e movemento corporal para facilitaren a desinhibición e reducir o bloqueante peso do sentido do ridículo. Consellos prácticos  sobre como domesticar a ansiedade psicosomática ante o impacto de someterse a unha experiencia escénica. Escenificación creativa.
 Venres 15 de maio
16hs – 19hs
Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 25
Aberto a alumnos da ETRAD e estudiantes non matriculados na escola
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 13 de maio

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego