21 abril 2015

Presentación de QUIRAL. O novo disco de Riobó. ETRAD. Mércores 22 de abril. 20:30hs. Entrada libre e de balde.

A ETRAD é o lugar elixido por Riobó para presentar “QUIRAL”, o seu novo traballo discográfico que fai o número dous da súa carreira.
Quiral significa aquilo que non pode se superposto á súa imaxe reflectida.
“Quiral” é un traballo onde o pasado da música tradicional mestura o seu adn cunha ollada creativa contemporánea xunto a unha virtuosa  interpretación que fan da música de Riobó, unha novísima estancia sonora revestida da elegancia vintage dos eternos deseños melódicos da tradición musical galega
A tradición mírase nun  espello imaxinario onde atopamos as súas coincidencias e a imposibilidade de solapamento, de superposición dunha imaxe respecto á outra… amosando a súa quiralidade.
No repertorio de Riobó o quinteto mergullase nas diversas posibilidades dos instrumentos máis tradicionais. Entretecendo a música de autor coa música de raíz. Interpretando pezas para escoitar  inspiradas en todo momento nos ritmos máis bailables, nunha aposta clara pola balance entre a recreación da música galega xa feita e a creación presente... E o que aínda está por facer.

Riobó estará en escena a partires de abril presentando o seu agardado “Quiral”, que reafirma á banda como unha das principais formacións folk galegas do momento.

Riobó
Presentación novo CD `QUIRAL'
ETRAD. 
Mércores 22 de abril de 2015
Auditorio Milladoiro
20:30hs. 
Entrada libre e de balde
até completar aforamento

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego