30 novembro 2015

EXTRAESCOLARES ETRAD. Presentación do disco “Pito Galego” de Efraím Diaz. Venres 11 decembro de 2015. 18:30hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar o aforamento.



O venres día 11 de decembro ás 18:30h no Auditorio Milladoiro teremos a oportunidade de asistir á presentación que Efraím Díaz fará da súa publicación discográfica “Pito Galego”. Achégate para descubrir todo o que pode dar de sí este marabilloso instrumento e apoiar este novo traballo da nosa música tradicional.
O Disco “Pito Galego” de Efraím Díaz xurde da inquedanza de plasmar un traballo de varios anos sobre o instrumento.Este disco é un mostraxe dos diferentes estilos musicais que se poden facer co instrumento e contén máis de 60 minutos de música en 19 temas.
Nel, poderás escoitar todos os Pitos Galegos a solo ou ben en grupo, tamén con outros instrumentos en dúos, tríos e cuartetos, con Percusións, Zanfona, Violín, Arpa, Guitarra e Bodhran... Pitos Sopranos en Mi,Re, Do e Sib, Pitos altos en Sol, e Pito Tenor en Re.
Efraim Diaz

Efraím Díaz nace en Lugo en 1980, aos 8 anos comeza os seus estudios de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz. Ten pasado por moitos estilos musicais coma percusionista, Folk, Latin Jazz, Trash Metal, Tecno, Hip-hop, Clásica e Contemporánea.Titulado Profesional e Superior de Percusión e titulado Profesional de Gaita. Becado pola Fundación Caixa Galicia para grabar o su primeiro disco como percusionista solista “Viaje por Kallaikía” en 2008. Este disco “Pito Galego” é o seu Segundo disco coma solista.Ten exercido a súa labor docente en diversas Escolas de Música e en Conservatorios da provincia de Lugo e Coruña dende o ano 1997.É músico da Banda Municipal de Lugo e profesor da Escola Municipal de Música de Lugo, onde imparte entre outras materias pito pastoril galego, gaita e percusion.
Venres 11 decembro de 2015
18:30h
Auditorio Milladoiro

Entrada libre ata completar o aforamento

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego