O Vindeiro mércores 25 de maio teremos na escola a dous excelentes músicos dos EUA, integrantes do grupo TAARKA que se atopan estes días por Galicia nunha xira organizada pola A.C. Galicia Fiddle a quen lle agradecemos a posibilidade de velos ao vivo no Auditorio Milladoiro da ETRAD ao remate da audición dos alumnos da Escola de música de Moraña.
Enion Pelta (Fiddle e voz) & David Tiller (Corda Pulsada e voz).
Mércores 25 de maio.
21:00hs.
Auditorio Milladoiro
Entrada libre e de balde ata completar aforamento
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario