31/5/16

Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado. 28 de xuño (martes). Inscrición na Secretaría da ETRAD entre o 30 de maio e o 17 de xuño

Comunícase que as Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado terán lugar o día 28 de xuño (martes). Os interesados en presentarse a estas probas deberán inscribirse na Secretaría da ETRAD entre o 30 de maio e o 17 de xuño (ambos inclusive), indicando a dispoñibilidade para a quenda de mañá ou de tarde.
Para cubrir as prazas que eventualmente queden libres haberá unha convocatoria extraordinaria o día 21 ou 22 de setembro (por determinar). A inscrición para esta convocatoria estará aberta do 1 ao 9 de setembro.

Horario das probas:
  •     Quenda de mañá: a partir das 10:00 hrs.
  •     Quenda de tarde: a partir das 16:00 hrs.
As Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado consistirán en:
  •     Proba Teórica: 60 preguntas tipo test sobre Ritmos e Xéneros da Música Tradicional, Análise e Harmonía, e Tradición e Ciclo Anual. Todos os aspirantes realizarán a proba teórica ao mesmo tempo. Duración: 60 minutos máximo.
  •     Proba Práctica: demostración técnica do instrumento da especialidade cunha duración entre 15 e 20 minutos. Os aspirantes poderán acompañarse doutros instrumentos que estime oportunos. A orde de realización da proba será consensuada o mesmo día entre os aspirantes.

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu