Concerto de Conxunto 5. #DíESE#
Despois
de moitos de traballo compoñendo e arranxando temas e facendo diversos
concertos, @s alumn@s de conxunto 5 da ETRAD, que se deron en chamar #DíESE#,
darán o seu derradeiro concerto do curso, dando así por rematada tamén a
asignatura. Vinde a disfrutar da súa música e aplaudir os seus esforzos!
QUEN É DÍESE: somos un grupo
constituído por alumnos da asignatura de conxunto instrumental da ETRAD (Escola
Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo), na que poñemos en practica os
coñecementos adquiridos nas diferentes aulas que se imparten na escola, tanto
teóricas como propias de cada instrumento, para logo converterse nun grupo musical cun repertorio creado ao longo de dous anos.
Comenta DÍESE.. "Neste conxunto
pretendemos adaptar temas da nosa tradición musical a un estilo folk na que
interveñen diferentes instrumentos apadriñados pola nosa cultura ao longo do
tempo; dándolle un caracter moi singular tanto musical como interpretativo, xa
que todos os compoñentes vimos de diferentes estilos musicáis."
DÍESE somos:
-Juan Carlos Crespo Crespo : Requinta
-Beatriz Rodríguez : Requinta
-Alba Faro Barros : Voz e percusión
-Marcia Vasconez Pueyo : Voz e percusión
-María Jorge Bastos : Violín
-Roberto Mariño Cesar : Gaita
-Rubén Fernandez : Acordeón diatónico
-Sara Malvido Hermelo : Zanfona
-Salvador Pardo : Zanfona
-David Miguelez Silva : Arpa céltica
-Iago Boente García : Bouzouki
-Angel Alberto Oterino Dominguez :
Guitarra acústica
Mércores 7 de xuño.
20:30hs.
Patio da escola.
Entrada libre ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario