14 abril 2018

Concerto do Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) no pub O Diaño en Pontevedra. Sábado 14 de abril. 23h.

Concerto do Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) no pub O Diaño en Pontevedra 

Este sábado  14 de abril o Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) da ETRAD darán un concertó no pub O Diaño en Pontevedra (rúa Charino 33) ás 23h. Non volo podedes perder!

Somos un grupo  formado polos alumnos do 5ª curso da ETRAD de Vigo na materia de “conxunto instrumental”. Levamos dous anos traballando para amosar un repertorio no que revisamos temas tradicionais e de autor, arranxados e adapatados aos nosos instrumentos polo propio grupo, ainda que tamén incluimos algún tema orixinal (composición de melodías).
Mesturamos os coñecementos adquiridos nas aulas coa vagaxe musical de cada un dos seus compoñentes partindo da tradición que nos caracteriza e define. 
O nome de CAVIVAI vén do xeito fonético que tiñan nalgunas localidades de denominar aos cantos de reis (que viva y que reine....”cavivai......)


Álvaro Carballo: percusión           
Flor Díez: Canto e percusión              
 Hugo Franco: Guitarra
Jose L. Simal: Zanfona         
 Leti Pais: Arpa          
María Pérez: Violín        
Xan Pérez: Requinta

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego