O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
08 maio 2009
O mestre de zanfona da e-Trad imparte unha charla no Conservatorio Superior de Música de Vigo
Anxo Pintos, mestre da Aula de zanfona da e-Trad imparte o venres 8 de Maio, a partires das 11.30h da mañá, unha charla na aula de Conxunto Instrumental Folk do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Os alumnos desta asignatura poderán coñecer a traslación dos distintos elementos interpretativos da gaita á zanfona, asi como a sistematización, clasificación e notación dos mesmos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario