O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
18 marzo 2010
Divulgativos e-Trad. Visita ao IES Santa Irene
O martes 16 de marzo os mestres da e-Trad, levamos o son da arpa, do canto, da zanfona, da gaita, do violín, da percusión, da requinta, e do bouzouqui ata o paraninfo do instituto Santa Irene. Alí, entre muiñeiras e pasodobres, alalás e xotas, o que máis e o que menos acabou erguéndose da butaca para buscar parella e porse a bailar un bo cacho.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario