![]() |
Esta semana arrancou unha nova andaina na escola de música folk e tradicional de Vigo. Xa están operativas dende esta semana as aulas de instrumento e teóricas nas que están matriculados algo máis de trescentos alumnos. O día 3 abrirase o prazo para anotarse nas "aulas abertas" coas que a e-Trad tenta manter viva a relación tanto con antigos alumnos como con aqueles que queiran achegarse á escola para gozar coa música tradicional dun xeito desenfadado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario