ETRADVIGO. CURSO 2025-2026
ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 23 DE XUÑO.
DE 4 A 7 ANOS
MÚSICA E MOVEMENTO
DENDE OS 8 ANOS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
AULAS ABERTAS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA
LUNS 23 DE XUÑO: ABRÉSE A MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE PASA DE CURSO E A PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS
1.- MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES:
TEN QUE MATRICULARSE o alumnado que pasa a algún dos seguintes cursos:
- Música e Movemento II, III e IV
- 1º curso de ITINERARIO BÁSICO de VIOLÍN, ARPA CÉLTICA ou ACORDEÓN DIATÓNICO
- 2º e 3º curso de ITINERARIO BÁSICO de TODAS AS ESPECIALIDADES
- 2º e 3º curso de ITINERARIO MEDIO
- 2º curso de ITINERARIO AVANZADO
- Curso de ESPECIALIZACIÓN ESCÉNICA
PRAZO DE MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2025
TRÁMITES DA MATRÍCULA:
Será preciso efectuar o PAGO DAS TAXAS de matrícula a través da plataforma www.emma.vigo.org, DESCARGAR O XUSTIFICANTE do pago e PRESENTAR o xustificante en SECRETARÍA.
PAGO DA MATRÍCULA:
Entrar en emma.vigo.org e acceder á pasarela de pagos do Concello a través do enlace inserido ao efecto.
Unha vez na pasarela, introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:
- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico
- Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado
- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Para formalizar a matrícula será necesario presentar en secretaría o xustificante de pago, salvo para os solicitantes da exención de taxas, que deberán presentar copia da solicitude de exención.
Debe presentarse tamén o impreso de matrícula debidamente cuberto.
O impreso de matrícula e o modelo de solicitude de exención facilitaranse en secretaría; tamén estarán dispoñibles en etradvigo.org/secretaría.
Prazo de presentación da solicitude de exención de taxas: entre o 23 de xuño e o 4 de xullo de 2025 nas oficinas do Concello de Vigo.
Horario de Secretaría: de luns a venres, de 11 a 14 hs. Durante o mes de xuño tamén de 16 a 20 hs.
Derradeiro día do prazo: 4 de xullo de 2025
2.- ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS
Considérase alumnado de novo ingreso:
a) Calquera persoa que comeza o Nivel Básico ou o Nivel Medio de calquera especialidade.
b) Calquera persoa que comeza por primeira vez Música e Movemento na ETRAD.
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025.
CÓMO PREINSCRIBIRSE:
- On line: en emma.vigo.org
- De xeito presencial: na secretaría da ETRAD, do 23 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 5 de setembro de 2025
- Horario de atención ao público: de 11 a 14 hs., de luns a venres. En xuño tamén de 16 a 20 hs. A secretaría estará pechada durante o mes de agosto.
PRAZOS POSTERIORES:
Publicación das listas de solicitantes:
|
9 de setembro
|
Sorteo:
|
15 de setembro
|
Probas de acceso para Itinerario Medio
|
do 15 ao 18 de setembro
|
Publicación de listaxes de admitidos:
|
24 de setembro
|
Matrícula:
|
do 24 ao 30 de setembro
|
Solicitude de exención de taxas:
|
do 24 ao 30 de setembro
|
Comezo do curso 2025-2026:
|
1 de outubro de 2025
|
OFERTA FORMATIVA DA ETRAD
De 4 a 7 anos:
|
A partir de 8 anos:
|
Aulas Abertas:
|
MÚSICA E MOVEMENTO
|
ARPA CÉLTICA
|
ARPA CÉLTICA
|
|
ACORDEÓN DIATÓNICO
|
ACORDEÓN DIATÓNICO
|
|
CANTO POPULAR
|
PANDERETEIRAS
|
|
CORDA PULSADA (guitarra acústica / buzuqui)
|
CANTARES DE TROULA
|
CORO
|
|
GAITA
|
CORDA PULSADA e REQUINTA
|
|
PERCUSIÓN TRADICIONAL
|
BANDA DE GAITAS e PERCUSIÓN
|
|
REQUINTA
|
CORDA FROTADA
|
|
VIOLÍN FOLK
|
ZANFONA
|
|
ZANFONA
|
|
ETRADVIGO. CURSO 2025-2026.
ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 23 DE XUÑO.
DE 4 A 7 ANOS
MÚSICA E MOVEMENTO
DENDE OS 8 ANOS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
AULAS ABERTAS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA.
MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2025-2026
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
ALUMNADO que pasa aos cursos de
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)
NON HAI RESERVA DE PRAZA, TERÁN QUE MATRICULARSE DIRECTAMENTE.
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 23 DE XUÑO AO 04 DE XULLO DE 2025
Precisarase efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e logo formalizar a matrícula (téñase en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable).
PAGO DA MATRÍCULA
Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:
- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico
- Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado
- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
PRESENCIAL
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.
Solicitude de exención de taxas: Do 23 de xuño ao 04 de xullo de 2023 nas oficinas do Concello.
Horario de atención ao público de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). Durante o mes de xuño atenderemos tamén pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
PRAZO: DO 23 DE XUÑO AO 04 DE XULLO DE 2025
ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:
Preinscrición:
- On line: www.emmavigo.org do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025. Impresos e toda a info sobre o curso en: www.etradvigo.com
- Presencial (na secretaría da ETRAD): do 23 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 5 de setembro de 2023.
- Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
• Publicación de listaxes de solicitantes: 09 de setembro
• Sorteo: 15 de setembro
• Probas para o Itinerario Medio: do 15 ao 18 de setembro
• Publicación de listaxes de admitidos: 24 de setembro.
• Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.
• Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro de
2023 nas oficinas do Concello de Vigo.
- Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2025.