O vindeiro mércores día 21 de xaneiro, ás 18 horas, no Auditorio Milladoiro da ETRAD,
haberá unha mostra didáctica de Aleix Tobías Sabater (director da orquestra de percusións
ibéricas COETUS). Esta mostra terá unha duración de dúas horas, na segunda das cales
pedírá algúns voluntarios entre o público da ETRAD para facer exercicios rítmicos con
diferentes instrumentos. Polo tanto, estades todos invitados a participar nesta interesante
mostra.
Para que poidades informarvos do bo facer de Coetus, podedes ver unha mostra no seguinte
enlace:
enlace:
Sobre ALEIX TOBÍAS SABATER
Estudou batería na Escola de Música de Badalona con David Xirgu, Alex Ventura, Tito
Busquets e percusión con Ernest Martínez. Máis tarde móstrase interesado pola percusión
Tradicional e comeza a viaxar por diferentes países para aprender sobre os ritmos e
instrumentos que se empregan. Finalmente, acaba aprendendo a linguaxe da percusión
ibérica.

É o creador e director de Coetus. A súa batería e as súas percusións teñen soado en moitos
outros proxectos, como en Eliseo Parra Band, Tactequeté, Silvia Pérez Cruz, Misirli Ahmet,
Erkan Ogur, Erkam Irmak, Carles Dénia, María del Mar Bonet, Lídia Pujol, María Rossell,
etc... A súa longa experiencia no estudo e sensibilidade musical levárono a traballar tamén
como produtor musical da banda.

Mércores día 21 de xaneiro
18 horas
Auditorio Milladoiro da ETRAD
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Evento patrocinado pola Fundación SonDeSeu
Ningún comentario:
Publicar un comentario