O vindeiro venres 21 de marzo dende as 18:00h, celebraremos a Audición de Primavera da ETRAD no Auditorio Milladoiro. Contaremos con unha numerosa representación das especialidades instrumentais da escola: Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk, Zanfona e xs miúdxs de Música e Movemento. Estarán tamén algúns dos conxuntos instrumentais e aulas abertas. Todxs elxs, converterán o palco do auditorio nunha festa na que celebrar a chegada da primavera e amosar as músicas aprendidas no segundo trimestre.
Agardámosvos!
Extraescolares ETRADVIGO 2024-25.
AUDICIÓN DE PRIMAVERA da ETRAD.
Auditorio Milladoiro.
Venres 21/MAR. 18:00H.
Entrada Libre ata completar aforamento
Ningún comentario:
Publicar un comentario