Buscar neste blog

25 abril 2025

GALAXIA ETRAD. A mestra de canto, Anaïs Barbier, participa no libro `DINGUIRINDIÑA´ do grupo Caldo. Xa dispoñible en todas as librarías do país.



 'Dinguirindiña, dinguirindola o que non come non ten barrigola'

Este xogo de palabras cantáballo o avó a Pedro, o Gaiteiro e guitarrista de Caldo cando era neno.

Hoxe é o día do libro e queremos compartir convosco o traballo que fixemos xunto a ilustradora Ro Ledesma.

Este libro infantil é a nosa pequena homenaxe ás pandeireteiras de Mens e a todas as creadoras e transmisoras do noso patrimonio.

Este conto trata sobre Saleta a pandeireta que se perdeu nunha noite de foliada e emprende unha longa viaxe de volta a casa xunto as súas compis a lata Renata, Leiro o pandeiro e moitas máis. Tamén conten unha canción inédita na que lle cantamos algunha das coplas do libro.

-DINGUIRINDIÑA. A viaxe de Saleta a pandeireta- xa está dispoñible en todas as librarías do país

Texto: Caldo
Ilustración: Ro Ledesma
Edición: Cumio

Música e Letra: Caldo

Gravado, misturado e masterizado por Caldo

Graciñas as nosas inspiradoras Adela e Martiño

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego