Na ETRAD celebramos a chegada da fin do curso 2024-25 coa Audición de Fin de Curso no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro mércores 18 de xuño dende as 18:00 hs.
As especialidades instrumentais de Arpa céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coa especialidade de Música e Movemento e máis Conxuntos Instrumentais e Aulas Abertas da escola agasallárannos coas melodías aprendidas ao longo do curso e deste derradeiro trimestre.
Convidámosvos a vires e a participares connosco da alegría e a enerxía dos varios centos de músicos que están a gozar da aprendizaxe da nosa música tradicional e da música folk na ETRADVIGO.
Vai ser de seguro, unha boa festa musical. Non a perdas!!!
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO.
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO
MÉRCORES 18 / XUÑO.
18:00 hs.
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
Ningún comentario:
Publicar un comentario