A inscrición é gratuita ata un máximo de 12 concorrentes. Podédela facer na secretaría da e-Trad, a partires do 15 de marzo, en horario de 16h a 19h, ou ben en: e-trad@vigo.org e máis en: etradvigo@gmail.com
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
18 marzo 2010
Extraescolares e-Trad. Xosé Liz imparte Monográfico sobre Mandolina. Venres 26 de marzo
Impartido polo mestre Xosé Liz, o vindeiro venres 26 de Marzo de 18h a 21h terá lugar o monográfico adicado á Mandolina. Dirixido a alumnos, afeccionados e músicos tanto da e-Trad como alleos á escola, con coñecementos previos en instrumentos de corda pulsada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario