11 maio 2016

Galaxia ETRAD. Tres mestres da ETRAD nas propostas nominadas ás tres categorías dos XV Premios Opinión de músicas de raíz.

Javier Feijoo, Xosé Liz e Begoña Riobó, mestres da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  de Vigo (ETRAD) aparecen nominados no listado de propostas musicais nas tres categorías (mellor disco, mellor artista, e mellor tema orixinal) que conceden os Premios Opinión de músicas de raíz que no 2016 camiñan pola súa XV edición. No caso de Javier Feijoo (Xisco) faino da man de Pepe Vaamonde Grupo co traballo "NAS PEDRAS DO LAR", mentres que Xosé Liz e Begoña Riobó, como integrantes do grupo Riobó polo seu traballo "QUIRAL".
Comparten nominacións a estes premios coa Orquestra de Jazz de Galicia, Lamas e Somoza, Xabier Díaz, Sergio Tannus e Alba María.
Os premiados daranse a coñecer na gala que se celebra o xoves 12 de mayo ás 20:30hs no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Na mesma actuarán os grupos Xosé Lois Romero & Aliboria e Axada, grupo no que colabora para a ocasión Begoña Riobó.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego