Buscar neste blog

27 abril 2016

Farelo ao vivo. Os estudiantes de conxunto 5 da ETRAD tocan na AVV Santa Mariña de Cabral. Sábado 30 de abril. 19:00hs


O próximo sábado día 30 de abril ás 19hs. na AVV Santa Mariña de Cabral, os compañeir@s e alumn@s de Conxunto 5 (Farelo) estarán de concerto. 

Estes 5 músicos forman un conxunto que nace como asignatura na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-TRAD), pero que evolúe cara un concepto musical moi persoal. Tomando como base a música tradicional e outros estilos modernos como influencia, esfarelan idea tras idea ata alcanzar o son que caracteriza o folk de FARELO. Estades tod@s convidad@s

Jose Manuel Páramo - Arpa
David Vicente - Percusións
Diego Bea - Voz
Marina Carpente - Violín

Elias Lamoso - Violín

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego