19 outubro 2018

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE PREINSCRICIÓNS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO. Do 19 ao 26 de outubro

A ETRAD convoca un prazo extraordinario de preinscricións para o alumnado de novo ingreso para o presente curso 2018-19.
O prazo de admisión de solicitudes será do 19 ao 26 de outubro. Os/as interesados/as poderan realizar a preinscrición na Secretaría da ETRAD, Avda de García Barbón, 5 en horario de 11 a 14 e de 17 a 20 hrs.

Admisión: 

Nivel básico: a cada persoa asignaráselle un número que irá a sorteo no caso de que haxa máis solicitudes que prazas vacantes.

Nivel medio: mediante proba de acceso que consistirá nunha entrevista co titular da especialidade.

As especialidades nas que se pode preinscribir son as seguintes:

Nivel Básico: 
Acordeón Diatónico 
Arpa Céltica 
Canto Popular 
Gaita 
Percusión 
Requinta  
Zanfona

Nivel Medio: 
Arpa Céltica
Canto Popular 
Corda Pulsada 
Percusión 
Zanfona.



Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego