O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
04 outubro 2018
A OFG SonDeSeu ao vivo en San Froilán co espectáculo "Arraianos". Xoves 4 de outubro. 22:15h. Praza da Horta do Seminario de Lugo
O xoves 4 de outubro, desde as 22:15, Sondeseu levará ao escenario da Praza Horta do Seminario de Lugo xunto cos convidados, Vanesa Muela, Luis Peixoto e Xuacu Amieva, para dar forma a "Arraianos", un espectáculo no que a orquestra Folk, nada no seo da ETRAD, aúna a música tradicional galega cos folkores peninsulares limítrofes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario