O vindeiro venres 18 de marzo, ás 19:00 hs., terá lugar no Auditorio Milladoiro da ETRAD, o concerto fin de estudos de Sito Muíños á gaita.
Ides poder escoitar un repertorio inédito pensado especialmente por Sito para este concerto que serve de colofón aos seus estudos do nivel avanzado na ETRAD.
A entrada é libre e de balde até completar aforamento (100 persoas)
Agardamos a vosa presenza.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario