Buscar neste blog

29 marzo 2016

Presentación do libro CD “Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó”. Mércores 30 de Marzo de 2016. Auditorio Milladoiro. 20:30hs. Entrada libre ata completar aforamento (limitado a cen persoas)

Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó” é o novo título da colección “Chave Mestra” sobre persoeiros da tradición musical e oral galega vense de publicar por aCentral Folque. Presentarase na ETRAD o mércores 30 de marzo no Auditorio MIlladoiro ás 20:30H (aforo limitado de cen persoas)

O acto consistirá na presentación do libro e a charla-concerto de presentación do proxecto que recupera as gravacións históricas da interpretación do reputado gaiteiro de Campañó.

No ano 1999 Ramon Pinheiro, actual director de aCentral Folque, realiza un inventario dos rexistros fonográficos do Museo de Pontevedra, e promove a dixitalización do acetato de Filgueira e o Gaiteiro de Campañó, seriamente deterioriado polo paso do tempo. Ao Museo transládase a unidade móbil da Radio Galega e o enxeñeiro de son Pablo Barreiro realiza a primeira dixitalización desta xoia do patrimonio sonoro de Galiza. En total falamos de dúas alocucións de Filgueira Valverde e catro temas interpretados polo Gaiteiro de Campañó.
aCentral Folque encargoulle a investigación e texto para a publicación ao músico e investigador Óscar Ibáñez cun estudo biográfico sobre Xoán Tilve e ao musicólogo Xavier Groba que realiza unha interesante análise sobre o contexto, fondos e o legado de Casto Sampedro no Museo de Pontevedra e de Filgueira Valverde.
A análise musical e edición de partituras que acompañan o libro son a cargo de Óscar Ibáñez.
O disco, que se publicaría conxuntamente co libro, incluiría a dixitalización íntegra das gravacións históricas, no que sería a súa primeira edición, e se gravaría especialmente para esta publicación novos temas dunha selección de repertorio histórico do Gaiteiro de Campañó, tocado co seu instrumento orixinal, por Óscar Ibáñez, acompañado por Cristian Silva no bombo e Andrés Vilán coma redobrante que gravaron con Pablo Barreiro nos estudos da Radio Galega no verán de 2015 este magnífico disco que agora vé a luz.

Mércores 30 de Marzo de 2016
Auditorio Milladoiro
20:30h
Entrada libre ata completar aforo (limitado a cen persoas)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego