Síncopes, o grupo de Conxunto II Avanzado da ETRAD ofrecerá un concerto na Igrexa do Cristo da Victoria (Coia). R/Baiona.9, o vindeiro mércores 21 de maio ás 20:45 hs. dentro do ciclo Letras Galegas 2025 que organizan conxuntamente o movemento cidadán "o noso barrio", Asociacion de mulleres "Dorna" e o Centro Cultural artístico e recreativo "Rueiro".
Sobre Sincopés:
Sincopés é o resultado da colisión controlada entre cinco universos musicais que conflúen nos corredores da ETRAD. Nacido no Conxunto II Avanzado, este grupo dá forma a un repertorio que mestura tradición e innovación cunha enerxía vibrante e un pulso propio.
Integrado por Uxía Fernández Estévez (voz e percusión tradicional), Nuria Freiría (requinta), Carlos Pérez e Nino Rey (zanfonas), e Pablo Dosio (bouzouqui), Síncopés ofrece un universo sonoro no que conviven temas tradicionais con composicións propias, sempre cunha mirada fresca e unha escoita atenta á colectividade.
Sincopés aposta por arranxos coidados, enerxía escénica e moita complicidade entre os seus membros, buscando sempre ese punto de encontro entre o respecto polo pasado e a liberdade creativa do presente na que non faltan tampouco as incursións no repertorio de grandes clásicos que se aventuraron nos territorios da música bailable, reinterpretados aquí cun selo propio.
Sincopés é unha mostra destacada da nova fornada de músicos formados na ETRAD: comprometidos coa tradición, abertos á experimentación e cunha clara vontade de facer música con identidade.
Extraescolares ETRAD 2024-25. Programa Tradurban.
Concerto de SINCOPÉS. (Grupo de Conxunto II Avanzado da ETRAD)
Mércores 21/MAI. 20:45 hs.
Igrexa do Cristo da Victoria (Coia).
R/Baiona, 9.
Organiza: Centro Cultural artístico e recreativo "Rueiro". Movemento cidadán "o noso barrio", Asociacion de mulleres "Dorna".
Entrada libre e de balde ata completar aforamento
Ningún comentario:
Publicar un comentario