Buscar neste blog

19 maio 2025

Presentación do libro: CANTAREIRAS. Coa presenza dos autores, Icía Varela e Xosé Manuel Varela. Mércores 21/MAI. 19:30. Auditorio Milladoiro. Entrada libre e de balde ata completar aforamento. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

 


Seguimos a celebrar o ano das letras dedicado á poesía oral coa presentación do libro, CANTAREIRAS, da man dos seus autores: a pandereteira Icía Varela e o investigador Xosé Manuel Varela. Neste traballo literario, achégase un percorrido polo legado da música e a poesía populares centrado na tradición das pandeireteiras, nomeadamente As Pandereteiras de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás. A presentación celebrarase no Auditorio Milladoiro da ETRAD o vindeiro mércores  21 de maio ás 19:30h. A entrada e libre e de balde ata completar aforamento e pregamos que traiades instrumentos como cunchas, pandes, botellas de anís...

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

Presentación do libro: CANTAREIRAS.

Coa presenza dos autores, Icía Varela e Xosé Manuel Varela.

Mércores 21/MAI

19:30.

Auditorio Milladoiro.

Entrada libre e de balde ata completar aforamento. 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego