Buscar neste blog

10 maio 2025

VIGO NAS LETRAS. LETRADFEST FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS DA ETRAD. R/ PRÍNCIPE (MARCO). 19:00HS. 12, 13, 14 MAIO.// OFG SONDESEU, TEATRO AFUNDACIÓN, 17 MAIO 20:30HS...

Na ETRAD celebramos o Día das Letras Galegas, adicado ás cantareiras, co LETRADFEST, o festival da ETRAD que, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo nas letras, celebra e homenaxea ás transmisoras da poesía oral galega. Do luns 12 ao mércores 14 de maio, estaremos na R/ Príncipe (Diante do MARCO), para amosar á cidade o talento da nosa comunidade. (En caso de chuvia, os concertos celebraranse no Auditorio Milladoiro da ETRAD.

O Día das Letras, sábado 17, o alumnado de Práctica Orquestral encherá o palco do Teatro AFundación dentro da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu que presenta Arpas Atlánticas, nun programa que inclúe a integral das suites compostas para a orquestra, con dúas convidadas de excepción: as arpistas Laoise Kelly (Irlanda) e Mary Macmaster (Escocia). O concerto renderá tributo ás cantareiras coa Suite Poesía Oral.


Xa na seguinte semana, o mércores 21 teremos no Auditoiro Milladoiro da ETRAD a presentación do libro Cantareiras, a cargo dos seus autores, Icía e Xosé Manuel Varela.

 
Por se isto non for suficiente, tedes a apertura musical este sábado 10 de maio coas actuacións do ETRAD Zanfona Ensemble ás 12:00hs. e da Banda de Gaitas ás 14:00hs. na Festa da Brincadeira de Bouzas.


Deixámosvos a programación completa a continuación:

 
Festa da Brincadeira 
SÁBADO 10 MAIO

ETRAD Zanfona Ensemble ás 12:00hs

Banda de Gaitas ás 14:00hs

 

LETRADFEST

Festival das Letras Galegas da ETRAD

Programación Concellería de Normalización Lingüistica de Vigo

Rúa do Príncipe (diante do MARCO)

 
LUNS 12 MAIO 19:00 hs.

Canto Popular 

Arpa Céltica 

Diatónico

Conxunto II Medio

Conxunto II Básico

 
MARTES 13 MAIO 19:00 hs. 

Canto Popular

Conxunto III Básico

Conxunto III Medio

ETRAD Zanfona Ensemble 

 
MÉRCORES 14 MAIO 19:00 hs. 

Canto Popular (Coa colaboración de Traspés)

Aula Aberta de Coro

Aula Aberta de Pandereteiras

Aula Aberta de Corda Frotada

Conxunto II Avanzado (Síncopés) 

 


Teatro AFundación

 


SÁBADO 17 MAIO 20:30 hs.

Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu

presenta:

Arpas Atlánticas

 


ETRAD Auditorio Milladoiro

 


MÉRCORES 21 MAIO 19:30 hs.

Presentación do libro

CANTAREIRAS

Por Icía e Xosé Manuel Varela
 


 


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego