Aínda estás a tempo para inscribirte neste obradoiro, os alumnos/as da e-Trad teñen preferencia pero hai prazas dabondo para instrumentistas, bailadores e cantareiros/as. Imparten Javier Feijoo "Chisco", Xaquín Xesteira e Xela Conde. Os dias 4, 11 e 18 do mes no que andamos, na e-Trad, unha vella tradición que lembramos cada ano, participa!!
Só tes que enviar unha mensaxe co teu nome e DNI a e-trad@vigo.org, ou pasar pola oficina en horario de atención ao público.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
30 novembro 2009
24 novembro 2009
Ciclos Divulgativos. Visita do Colexio Quiñones de León
O martes 24 de Novembro, os mestres da e-Trad, dentro do programa de concertos divulgativos, tocaron nesta ocasión para os alumnos do Colexio Quiñones de León. Dende a e-Trad, agradecémosvos a vosa implicación e participación no concerto e agardamos vervos por aqui o vindeiro curso escolar a todos os que vos picou a curiosidade polos instrumentos que ofertamos na escola.
17 novembro 2009
Festa de Presentación da Asociación de Músicos ao Vivo
A Asociación de Músicos ao Vivo celebra a súa presentación cunha festa a celebrar na Sala A Nasa de Santiago as 12:30h o vindeiro domingo 22 de Novembro. CLICA AQUÍ SE QUERES VER O CONTIDO DO COMUNICADO
Visita do IES San Fernando dentro do programa de Ciclos Divulgativos da e-Trad
Na e-Trad proseguimos cos concertos dentro do programa de ciclos divulgativos. Este martes 17 de novembro visitounos o IES San Fernando de Vigo no auditorio da e-Trad. Os alumnos puideron comprobar de primeira man as características e variedade da música e dos instrumentos que empregamos na escola. Algúns mesmo se animaron a probalos acompañados polos mestres da e-Trad, como ben se aprecia na foto. Cada martes do presente curso escolar, seguiremos a visitar cos nosos instrumentos os institutos da bisbarra viguesa
16 novembro 2009
10 novembro 2009
Convocada a inscrición no Obradoiro de Danzas e Músicas do Mundo. Prorrogado prazo de inscrición ao 25 Nov.
Para todos os interesados no mundo da danza e das Músicas do Mundo, estean ou non matriculados na e-Trad, abrimos este obradoiro dirixido por Suso Cancelas, dentro do programa de actividades extraescolares e organizado en colaboración coa Fundación Sondeseu. A cita terá lugar os venres 27 de Novembro e 4, 11 e 18 de Decembro no Salón de Actos do CENTRO MUNICIPAL DE FORMACION EN NNTT (CITIC) na rúa San Vicente, 3 (Esq. Méndez Núñez) de Vigo.
Para matricularse, hai que dirixirse á oficina da Fundación Sondeseu, os Luns, Mércores, Xoves e Venres, de 10 a 14 h. na rúa Colón, planta 3ª, oficina 11. O prezo das catro sesións é de 20 €. Haberá un mínimo de 20 inscricións para poder celebralo. Máis información no Plano de Actividades Extraescolares, ou no teléfono da Fundación Sondeseu, 886138187.
Para matricularse, hai que dirixirse á oficina da Fundación Sondeseu, os Luns, Mércores, Xoves e Venres, de 10 a 14 h. na rúa Colón, planta 3ª, oficina 11. O prezo das catro sesións é de 20 €. Haberá un mínimo de 20 inscricións para poder celebralo. Máis información no Plano de Actividades Extraescolares, ou no teléfono da Fundación Sondeseu, 886138187.
09 novembro 2009
Comezaron os II Ciclos Divugativos para escolares 2009-10
Alumnas e alumnos da materia de Música do Colexio Padre Míguez - Calasancias, foron os primeiros en disfrutar o primeiro concerto didáctico da tempada 2009-10. Esta vez foi o propio colexio o que se desprazou ata o auditorio da e-Trad para escoitar e ver en directo ao grupo de mestres que prepararon un repertorio especialmente adaptado para un público esixente que non perdoa o aburrimento e quere participar do espectáculo. Segundo o comentado por eles mesmos, pasárono moi ben e aprezaron de primeira man as posibilidades artísticas e escénicas do folk e a música tradicional do noso país.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



