O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
17 novembro 2009
Visita do IES San Fernando dentro do programa de Ciclos Divulgativos da e-Trad
Na e-Trad proseguimos cos concertos dentro do programa de ciclos divulgativos. Este martes 17 de novembro visitounos o IES San Fernando de Vigo no auditorio da e-Trad. Os alumnos puideron comprobar de primeira man as características e variedade da música e dos instrumentos que empregamos na escola. Algúns mesmo se animaron a probalos acompañados polos mestres da e-Trad, como ben se aprecia na foto. Cada martes do presente curso escolar, seguiremos a visitar cos nosos instrumentos os institutos da bisbarra viguesa
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario