Buscar neste blog

11 xuño 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ETRAD. XOVES 18 DE XUÑO. 18:00HS.

 

Xornada de Portas Abertas na ETRAD. Xoves 18 de xuño. 18:00hs.


A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD) abre as súas portas para que nenos, nenas, mozos, mozas e persoas de todas as idades, xunto coas súas familias, poidan descubrir de primeira man a súa oferta educativa e achegarse ao mundo da música tradicional galega.

Esta xornada é unha oportunidade única para coñecer os instrumentos, conversar co profesorado e probar diferentes disciplinas musicais nun ambiente próximo, participativo e totalmente gratuíto.

Oferta educativa:

De 4 a 7 anos
Música e movemento


A partir de 8 anos
Arpa céltica
Acordeón diatónico
Canto popular
Corda pulsada (guitarra e bouzouki)
Gaita
Percusión tradicional
Requinta
Violín folk
Zanfona


Información da xornada
Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD

Data: 18 de xuño de 2025

Horarios

18:00 h: Recepción das persoas asistentes e mostra dos instrumentos por parte do profesorado.
18:30 h – 20:00 h: Proba libre de instrumentos nas aulas co acompañamento do profesorado.


Se sempre quixeches aprender música tradicional, este é o momento perfecto para dar o primeiro paso. Agardámoste para compartir unha tarde chea de música, descubrimento e tradición.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego