26/1/16

A ETRAD no programa "Música coa escola" da Concellería de Educación do Concello de Vigo. Ciclo de concertos didácticos no Auditorio Municipal.

A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, pon en marcha o programa “Música coa escola”, co obxecto, un ano máis, de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.

O programa, do que xa teñen coñecemento os centros educativos públicos e concertados da cidade, está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e de Secundaria e consiste no desenvolvemento de concertos didácticos no Auditorio municipal (en horario de 12,00h a 13,00h) por parte do profesorado das escolas municipais  Escola municipal de música de Vigo (EMMV) e Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD), co seguinte calendario dispoñible (os martes desenvolveranse os concertos da ETRAD e os mércores os da EMMV):

Xaneiro
Mércores 27
Febreiro
Martes 2 e mércores 24
Marzo
Martes 1, martes 15 e mércores 16
Abril
Mércores 13, martes 26 e mércores 27
Maio
Martes 24


No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu