Buscar neste blog

11 xaneiro 2016

Extraescolares ETRAD. Concerto didáctico para cativ@s. “Fetén Fetén” “La maravillosa historia del violín trompeta”. Xoves 14 xaneiro de 2016.19hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar aforamento

E despois destas vacacións de Nadal voltamos con moita enerxía e retornaremos ás actividades extraescolares o xoves 14 de xaneiro con este agasallo de reis tardío: “La maravillosa historia del violín trompeta” contado maxistralmente por un dúo igual de maravilloso; “Fetén Fetén” formado por Diego Galaz e Jorge Arribas.

O concerto didáctico de Fetén Fetén preséntase como unha acción educativa para axudar á comprensión das súas pezas musicais a nenos, nenas e familias. Empregando os procedementos didácticos adecuados a cada auditorio, Jorge Arribas e Diego Galaz convirten os seus instrumentos musicais en valiosas e flexibles ferramentas pedagóxicas, propiciando que a música poda ser interpretada por todos. O concerto convírtese así nunha vivencia para aprender a escoitar e a prestar atención á vida.
“La maravillosa historia del violín trompeta” levará aos asistentes por un percorrido a través dos ritmos e melodías da música de baile na Península Ibérica. Unha marabillosa oportunidade de descubrir algúns dos instrumentos máis insólitos da historia da música convertidos en gaivota, vaca ou mar.
O asombroso son dun serrucho interpretando o Ave María de Schubert ou o auditorio convertido nunha grande orquestra, despertarán o interese dos asistentes e potenciarán a interacción.
O obxectivo é claro, divertirse e disfrutar para crear un novo público, máis crítico e participativo, promovendo valores de imaxinación e creatividade. Propíciase así un encontro interxeracional do futuro coa música dos seus antepasados para que coñezan e respecten o seu legado inmaterial.
Xoves 14 xaneiro de 2016
19h
Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar aforamento


Diego Galaz
É un violinista atípico. O seu son é persoal e único, e o seu xeito de entender o instrumento representa unha nova escola prácticamente inexistente anteriormente en España.
Formou parte da mítica banda de música La Musgaña, coa que tocou por máis de vinte países. É violinista da orquestra de Nacho Mastretta e fundador de bandas como Zoobazar, La Apasionante Música de Cine xunto a Luis Delgado e Cuco Pérez, Bailes Vespertinos ou o dúo Fetén Fetén. Tocou xunto artistas da talla de Kroke, Marta Sebestyen, Alasdair Fraser, Kepa Junkera, Jorge Drexler, Cormac Breatnach ou Pasión Vega.
Comparte a súa faceta de intérprete coa de docente, sendo mestre en dous dos Fiddle Camp que dirixe o prestixioso violinista Alasdair Fraser: Sierra Fiddle Camp en California e Crisol de Cuerda en España, ademáis de impartir cursos e clases maxistrales en diferentes centros de ensinanza musical, como por exemplo a Escuela de Música Creativa de Madrid ou a Aula de
Musica Tradicional i Popular de Barcelona.
Compuxo música para bandas sonoras como 'Al otro lado de la calle', de Lino Varela e para espectáculos de danza, e as súas composicións pódense escoitar en museos como o Museo de
la Trashumancia ou o Museo de los Castros Celtas, en Soria. É director artístico e creador do Festival de Intérpretes e Instrumentos Insólitos de Burgos, o único deste tipo en España. A súa paixón son os violíns trompeta e tocar o serrucho pola mañá.
Jorge Arribas
comenza os seus estudos de acordeón e frauta traveseira aos doce anos en Valladolid, e desde o primeiro momento compaxinou a súa formación académica coa participación en grupos tradicionais, de música folque e agrupacións de cámara. En Madrid remata o grao superior de acordeón e volve a Valladolid onde compaxina xiras con grupos como Celtas Cortos cós seus proxectos propios, grabacións e colaboracións con músicos de estilos diversos: María Salgado, Javier Paxariño, Manuel Luna o Rao Trío.
Será en 2005 cando Jorge pase a formar parte de La Musgaña, punto de inflexión que lle aportará unha visión diferente da música tradicional, adentrándose nunha aprendizaxe que lle levará a compartir e mostrar a música castellana en Estados Unidos, Canadá, Francia, Argelia, Rusia ou Marrocos. Froito das viaxes, da continua aprendizaxe, da busca de novas cores e do coñecemento da tradición, xurden dous novos proxectos en formato dúo: Taper Duel xunto César Díez (baixo eléctrico) e Fetén Fetén, orixinado desde a complicidade musical que as xiras de La Musgaña crean con Diego Galaz.

Jorge mantén os seus proxectos mentres continúa aprendendo, colaborando en grabacións de estudio, como músico ou compositor para teatro, proxectos escolares (editorial Anaya), artistas de
distintos xéneros (Nacho Mastretta, Ibérica de Danza, Zoobazar, Korrontzi, Celtas Cortos, Zenet...).

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego