O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
16 febreiro 2016
Os mestres da ETRAD: Alfonso Franco e Begoña Riobó, representación galega no Barcelona Fiddle Congress 2016
Os mestres da ETRAD: Alfonso Franco e Begoña Riobó, foron a representación galega no Barcelona Fiddle Congress 2016. Este importante evento, contou con boa parte dos mellores mestres de fiddle e violín Jazz europeos e americanos: Darol Anger, Oriol Saña, Casey Driessen, Ernesto Briceño, Diego Galaz, etc. Durante a celebración do Fiddle Congress, Alfonso Franco realizou unha presentación sobre un asistente de afinación para corda frotada e Begoña Riobó impartiu catro obradoiros prácticos sobre o violín na música tradicional galega.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario