Concerto do Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) no ARTENOSTRUM
O Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) marcha cara a Mondariz para dar un concerto.
O enclave será a Sala de Arte e Exposicións Permanente ARTENOSTRUM (r/ Concepción Arenal 8, Mondariz) o 23 de febreiro ás 20:30h. Non faltedes!!!
Somos un grupo formado polos alumnos do 5ª curso da ETRAD de Vigo na materia de “conxunto instrumental”. Levamos dous anos traballando para amosar un repertorio no que revisamos temas tradicionais e de autor, arranxados e adapatados aos nosos instrumentos polo propio grupo, ainda que tamén incluimos algún tema orixinal (composición de melodías).
Mesturamos os coñecementos adquiridos nas aulas coa vagaxe musical de cada un dos seus compoñentes partindo da tradición que nos caracteriza e define.
O nome de CAVIVAI vén do xeito fonético que tiñan nalgunas localidades de denominar aos cantos de reis (que viva y que reine....”cavivai......)
Álvaro Carballo: percusión
Flor Díez: Canto e percusión
Hugo Franco: Guitarra
Jose L. Simal: Zanfona
Leti Pais: Arpa
María Pérez: Violín
Xan Pérez: Requinta
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario