Nestes tres días de curso aprenderase como musicalizar una película, neste caso de cine mudo. Curso práctico onde se traballará un film determinado facendo minutaxe e analizando que tipo de sons e melodías son as máis convintes por cada escea. Como se pode traballar con diferentes timbres e armonías para crear una sensación no espectador. Vivenciar como a música ten un gran poder recreacional. Levar instrumento.
Venres 9 e 16 de marzo e 6 de abril de 2018.
16h – 19h.
Aula 5. Perfecto Feijoo.
Número de prazas: 20.
Créditos computables por horas na ETRAD: 9h.
25 euros . Gratuíto para estudantes de medio.
Último día de matriculación: 2 de marzo
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario