O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
09 febreiro 2018
A BANDA DE GAITAS das Aulas Abertas da ETRAD no ENTROIDO DE VIGO 2018
Os días 9 e 14 de febreiro de 2018, e seguindo a tradición, a Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD participará no Pregón do ENTROIDO e no ENTERRO DO MECO, respectivamente.
O Venres de Entroido, percorrerá a Rúa Príncipe a partir das 19:30 hrs. ata a Porta do Sol. E o Mércores de Cinza, a partir das 19:00 hrs. no Enterro do Meco polo seu percorrido de costume
Un ano máis, a Banda de Gaitas irá acompañada da Escola Municipal de Teatro.
Moi bo ENTROIDO para todas e todos!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario