
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
12 decembro 2016
GALAXIA ETRAD. O mestre de zanfona, Anxo Pintos, nominado ao GRAMMY na categoría de "world music" pola súa participación no disco "SING ME HOME" da "Silk Road Ensemble"
A pasada semana coñeciamos a nova de que o mestre de zanfona da Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD), estaba entre os nominados ao GRAMMY na categoría de "world music" polo disco "SING ME HOME" da "Silk Road Ensemble" que lidera Yo-Yo Ma. Anxo Pintos foi o responsable do arranxo e das partes de composición do tema "Cabaliño" que interpreta xunto a Cristina Pato, Davide Salvado e Roberto Comesaña do proxecto Rústica e Yo-Yo Ma, entre outros músicos da "Silk Road". Este recoñecemento para un membro do mestrado da ETRAD súmase a moitos outros recibidos ao longo dos anos no que a escola leva funcionando baixo a direción de Rodrigo Romaní. Unha motivación máis para seguir traballando a prol da música folk e tradicional e d@s máis de 500 alumn@s que as aprenden na ETRAD.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario