Especialidades da ETRAD
Acordeón diatónico, Arpa céltica, Canto Popular, Corda pulsada (Bouzouki, Guitarra acústica), Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona.
Alumnado de novo ingreso
O alumnado de novo ingreso debe optar por unha especialidade en tres níveis diferentes: Itinerario Básico, Medio o Avanzado
Para ingresar no itinerario básico, débese realizar una preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibeis así como a distribución dos aspirantes en: admitidos ou lista de espera, naqueles casos nos que exista unha demanda superior á oferta de prazas. Posteriormente, formalizarase a matrícula.
Para ingresar nos Itinerarios Medio e Avanzado, déberanse realizar unha preinscrición, unha proba de aptitude, unha entrevista persoal e, finalmente, formalizar a matrícula no seu caso.
Tamén se pode participar nas Aulas Abertas e formacións grupais que teñen a duración dun ano escolar.
Inscripcións e Matrículas
Documentación requirida:
- Preinscrición no Itinerario Básico (On line e presencial)
- Preinscrición no Itinerario Medio e Avanzado (On line e presencial)
A matrícula formalizarase única e exclusivamente en persoa, na secretaría da ETRAD. Imprescindible presentación do DNI.
Prazos e Datas
Preinscripción:
- Por Internet: do 16 de xuño ao 10 de de setembro de 2014
- Presencial na oficina da ETRAD do 16 de xuño ao 31 de xullo e do 1 de setembro ao 10 de setembro de 2014.
Escuela Municipal de Música Folk y Tradicional (ETRAD)
- Dirección: Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo.
- Teléfonos: 986 228 088 y 986 228 087.
- Fax: 986 229 703.
- Web: www.e-trad.org
- E-mail: e-trad@vigo.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario