O noso mestre de canto Popular Xisco Feijoó estará esta semana de entroido en Valladolid. Vén de ser elixido como coreógrafo de danza galega no "Conservatorio Profesional de Danza de Castilla y León" para a montaxe dunha peza de 17 minutos cos alumnos de 5° e 6° (penùltimo e ùltimo ano de estudos). Esta obra, de título "San Martiño" será estreada no Auditorio pucelano Miguel Delibes o vindeiro 4 de maio e está baseada na música composta para o 5° traballo discográfivo de SonDeSeu (Beiralúa, que verá a luz proximamente), por outro dos mestres da ETRAD, Anxo Pintos.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
08 febreiro 2018
Galaxia ETRAD. O mestre de canto da ETRAD, coreógrafo de danza galega no Conservatorio Profesional de Danza de CyL. Estrea 4 de maio de 2017. Auditorio Miguel Delibes. Valladolid
O noso mestre de canto Popular Xisco Feijoó estará esta semana de entroido en Valladolid. Vén de ser elixido como coreógrafo de danza galega no "Conservatorio Profesional de Danza de Castilla y León" para a montaxe dunha peza de 17 minutos cos alumnos de 5° e 6° (penùltimo e ùltimo ano de estudos). Esta obra, de título "San Martiño" será estreada no Auditorio pucelano Miguel Delibes o vindeiro 4 de maio e está baseada na música composta para o 5° traballo discográfivo de SonDeSeu (Beiralúa, que verá a luz proximamente), por outro dos mestres da ETRAD, Anxo Pintos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario