17/6/09

Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira de Edicións do Cumio.

Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia. A obra é un percorrido pola vida e a música deste gaiteiro, fundador do grupo, aínda activo, Brisas do río Ulla. Agustín foi ademais unha figura fundamental para xeracións posteriores de gaiteiros, chegando a súa influencia ata grupos como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesmamente Milladoiro. A publicación deste libro complétase con partituras das pezas que popularizou, unha guía de audición e un DVD, materiais a través dos cales achegarse á traxectoria deste músico tradicional.

Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio. Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu