27 xuño 2009

Rematou o curso 2008-09 no primeiro ano de vida da e-Trad


Coa celebración do festival de fin de curso celebrado o venres 26 de xuño, rematou o primeiro ano académico na e-Trad. Máis de cincuenta músicos das diferentes especialidades instrumentais da escola amosaron o seu bo facer ao longo de tres horas nas que houbo tempo para tocar, escoitar, bailar, comer e disfrutar arredor da música tradicional e folk de Galicia.
A dirección e o claustro do profesorado queremos agradecer a tod@s @s alumn@s a vosa adicación, talento e entusiasmo, tanto no traballo nas aulas como na activa participación nos numerosos acontecementos e actividades extraescolares realizadas ao longo deste ano.

Agardamos que teñades unhas magníficas vacacións e que a música forme parte das vosas boas experiencias durante o verán.

Vémonos á volta

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego