23 outubro 2011

A OFG SONDESEU DISTINGUIDA CO PREMIO DA CRÍTICA DE MÚSICA 2011




SondeSeu obtuvo o galardón en Música "como proxecto pioneiro e singular que, a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador en outros países europeos". O xurado valorou tamén a súa dimensión pedagóxica, a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad), xermolo da OFG SondeSeu.


A e-Trad síntese especialmente orgullosa da concesión á  Orquestra Folk de Galicia SondeSeu do Premio da Crítica 2011 no apartado de Música e quere felicitar ao director e aos máis de 45 músicos e mestres que a compoñen por teren creado e mantido no seo da e-Trad e, desde hai xa dez anos, unha formación recoñecida en Europa como un dos proxectos pedagóxicos e escénicos máis novidosos e revolucionarios levados a cabo neste tempo no eido da música folk e tradicional. 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego