15 decembro 2011

Concerto do Dúo Fdez & Quintá na e-Trad Venres 16 Decembro



Salón de actos da e-Trad, 20h a 21h 
Entrada libre ata completar aforo
Dúo Fdez. & Quintá
Carlos Quintá, Acordeón Diatónico
Óscar Fernández, Zanfona.

  O dúo Fdez.& Quintá reune dous instrumentos que en dúo, foron uns descoñecidos na música tradicional gallega.
Mentres  a zanfona desaparecía despois de estar case 9 séculos presente  na  cultura  musical de todo o norte da península, o acordeón diatónico emerxía e cobraba protagonismo nas celebracions festivas de Galicia. Falamos de principios do século  XX.
    O acordeón aporta a harmonía, os baixos e unha melodía moi dinámica e a zanfona a calidez das cuodas frotadas máis a percusión do bordón rítmico, unha orquestiña completa con só dous músicos.
     O dúo Fdez. & Quintá reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancioneiro instrumental  galego: do propio acordeón diatónico, da gaita, e do repertorio de canto. O programa  completaráse con  composicións orixinais  do Dúo baseadas en ritmos tradicionais e temas adaptados doutras culturas europeas.
O repertorio do dúo Fdez. & Quintá pode ser concebido como un concerto didáctico, simplemente para escoitar, ou desprovisto dos arranxos dun concerto habitual, para bailar.  Amplificado ou totalmente acústico.
O dúo Carlos Quintá comenza a tocar en drecto no 2005 paricipando no encontro de acordeóns diatónicos de Ourense, e no Encontro coa Zanfona de Narón, no Inverno de 2006 , en salas de toda Galicia, diversos circuitos..........
Participou no  ciclo de cursos didácticos na Universidad autónoma de Barcelona, Ciclo de Músicas Portuarias de Ferrol, concertos na Escola de Música Tradicional de Hernani (S. Sebastian), Escuela de Gaita y Tambor de Alberite (Logroño), Escuela de Música Tradicional “La Quintana” de Gijon…

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego