O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
23 febreiro 2012
CONCERTOS E-TRAD. A voz e a arpa de MORGANE LE CUFF (Bretaña). Venres 24. 19:30hs. Auditorio da e-Trad
O vindeiro venres 24 de febreiro, o auditorio da e-Trad acollerá a partir das 19:30 o concerto da arpista bretona Morgane Le Cuff. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo.
Para máis información sobre M. Le Cuff, fai click aquí
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario