Buscar neste blog

16 outubro 2024

CONCERTOS. Ensemble de mestres da OFG SonDeseu & ETRAD presentan VOCASÓNS, homenaxe aos 28 anos da ETRAD. Xoves 17 e 31/OUT ás 20:30h. Auditorio Municipal.

 


Aprácenos informarvos dos concertos dos mestres da ETRAD e da OFG SonDeSeu no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro xoves 17 e o 31 de outubro ás 20:30hs. con entrada libre e de balde. O Ensemble de mestres presentará VOCASÓNS: un concerto didáctico, homenaxe aos 28 anos de vida da ETRAD, e pensado especialmente para todas as edades e públicos nos que se invoca a importancia universal das linguas como vehículo de emocións, cultura e coñecemento, amparado na nosa língua, nas cancións e nos xéneros musicais populares. En VOCASÓNS podederes escoitar nove dos temas tradicionais galegos máis representativos, acompañados por cadansúa peza audiovisual na que se relata o avatar histórico da palabra que define cada ritmo musical. O traballo videográfico corre a cargo de Casa Gallinitas, finalistas na última edición dos Premios Youtubeiras, (estudantes da ETRAD)

Queremos estender a homenaxe a todas e todos vós, polo voso compromiso e agarimo permanente. Por iso, agardamos que veñades aos concertos e convidedes a familiares e amigxs para converter estes dous concertos nunca celebración especial para todos.

 


Os intérpretes son:

 
Xaquín Xesteira: Gaita

Begoña Riobó: Arpa Céltica, Violín

Anaïs Barbier: Voz, Percusión

Álex Balbuena: Acordeón Diatónico

Miguel Diz: Voz, Gaita e Percusión

Xosé Liz: Bouzouqui, Requinta

Chuco Estévez: Percusión

Alfonso Franco: Violín

Anxo Pintos: Zanfona

 


a OFG SONDESEU presenta:

 


VOCASÓNS

Ensemble de mestres da OFG SonDeseu & ETRAD

Xoves 17 e 31 de outubro ás 20:30h  

Auditorio Municipal de Vigo

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Organiza: Fundación SonDeSeu

Patrocina: Concello de Vigo

Colabora: Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional ETRAD


+ info:

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu rende homenaxe á Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional ETRAD logo de cumplir 28 anos formando á cidadanía viguesa na música e nos instrumentos patrimoniais do noso país. A orquestra quere significar a importancia desta institución musical no devir da música galega destas tres últimas décadas. A ETRAD provén da experiencia previa do Conservatorio de Música Tradicional, pioneiro neste eido en Galicia, e posteriormente denominado Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo EMAO, sempre baixo a direción de Rodrigo Romaní ata a súa xubilación no curso pasado.

As vidas da orquestra e da ETRAD camiñan xuntas dende o 2001, ano no que se funda SonDeSeu no seo da escola. O seu alumnado fai as prácticas orquestrais e conforma o elenco da formación, visitando ao longo da súa traxectoria, lugares e países tan diversos como Glasgow, Helsinki, Cork, Madrid, León, Salamanca, Zaragoza, a Bretaña francesa, Portugal, Italia e os escenarios máis selectos do noso país.

 
SonDeSeu quere agradecer o apoio inquebrantable do Concello de Vigo ao longo destes anos a ámbalas dúas institucións. Tanto SonDeSeu como a ETRAD téñense convertido en referentes no ámbito peninsular.

O Ensemble de Mestres da Orquestra Folk SonDeSeu está composto polos directores das diferentes seccións instrumentais e solistas habituais da orquestra. A parte musical, contará tamén coa presenza das mestras e mestres da ETRAD, todas e todos eles, referentes no panorama das músicas tradicional e folk galega e europea, con recoñecementos tan importantes como un Grammy, unha nominación aos Grammy Latinos, Premios da Crítica de Alemaña e Galicia, Premios Mestre Mateo, Martín Códax e da Academia de Música entre outros.

07 outubro 2024

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA. 07 AO 11/OUT. ETRAVIGO. CURSO 2024-25

 


Do 07 ao 11/OUT tes a oportunidade de matricularte na ETRADVIGO aproveitando o prazo de Matrícula extraordinaria que abrimos esta semana. A formalización será presencial na secretaría da escola.R/ García Barbón. 1.

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25. RECURSOS DE ORNAMENTACIÓN E ARTICULACIÓN NO VIOLÍN. BEGOÑA RIOBÓ. VENRES 18/25//OUT, 08///NOV.

 

Abrimos os cursos de ampliación de estudos co monográfico que ten por obxecto o tratamento dos recursos de ornamentación e articulación para aplicar no repertorio tradicional galego.  Serán tamén obxecto de estudo os principais patróns rítmicos, analizandoos e estudiando o xeito de traspasalos ao violín. Cada alumn@ debe aportar instrumento propio.

 

RECURSOS DE ORNAMENTACIÓN E ARTICULACIÓN NO VIOLÍN.

BEGOÑA RIOBÓ.

VENRES 18/25//OUT, 08///NOV.

AULA 5. 

16:00-19:00h.
Inscrición universal 
ata o 18 / OUT na 
secretaría da escola.
Prezo: 27,05 EUR.
Gratuíto para alumnado
de medio e avanzado.

24 setembro 2024

ABERTO PERIODO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: MÚSICA E MOVEMENTO, NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS. DO 24 AO 30/SET


FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:  MÚSICA E MOVEMENTO, NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS
Curso 2024-2025

 
Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.

 

A presentación da matrícula será PRESENCIAL.

Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado que será facilitado na secretaría.

Publicación de listas de admitidos: 24 de setembro.

Matrícula: do 24 ao 30 de setembro de 2024

Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro nas oficinas do concello

 
Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2024

10 setembro 2024

A OFG SONDESEU NA INAUGURACIÓN DO CONGRESO MUNDIAL DE XENÉTICA FORENSE. 13/SET. AUDITORIO DE GALICIA

 

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu estará na xornada inaugural do Congreso Mundial de Xenética Forense. a celebrar o 13 de setembro no Auditorio de Galicia. A orquestra fará un percorrido con imaxes do Camiño de Santiago con un repertorio escollido especialmente para a ocasión.

O congreso desenvólvese en Santiago ata o 13 de setembro da man dos docentes da USC Ángel Carracedo e María Victoria Lareu en el daranse cita máis de mil especialistas de 62 países de todo o mundo
 
Compostela é a sede esta semana da 30 edición do Congreso Mundial de Xenética Forense, no que se darán cita máis de 1.000 especialistas de 62 países de todo o mundo. A inauguración, prevista para este martes 10 ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia, contará coa participación, ademais do catedrático da USC e investigador principal do CiMUS da USC, Ángel Carracedo, e da directora da Unidade de Xenética Forense, María Victoria Lareu, ambos os dous ex directores do Instituto de Ciencias Forenses e presidentes deste congreso; do presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), John Butler; dos conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez e Antonio Gómez, respectivamente; e da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

O mestre de Zanfona da ETRAD participa no IV Celme de Zanfona. CENTRAD. LUGO. 13/SET


 

Anxo Pintos, o mestre de Zanfona da ETRAD participa na cuarta edición do Celme de Zanfona 

que se celebra no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo ao longo desta fin de semana, 

do 12 ao 15 de setembro.

Os cegos cantores como portadores da esencia das músicas de tradición oral 

desde a Idade Media son o cerne temático desta edición.

Podedes ver todo o programa e mais información para inscricións aquí: 

https://cultura.deputacionlugo.gal/.../celme_zanfona.pdf











07 setembro 2024

O mestre de Violín Folk da ETRAD, vigués do mes da revista A MOVIDA Vigo.

 


O mestre de violín da ETRAD, vigués do mes na revista A Movida Vigo. Aquí vos deixamos o enlace da entrevista de A Movida a Alfonso Franco, un dos principais responsables da boa saúde presente do violín tradicional e folk no noso país.

entrevista a Alfonso Franco. A Movida Vigo


#alfonsofranco #etrad #etradvigo #auladeviolinfolkdaetrad #amovida #violín #trad #folk #ƒiddle #vigomola #concellodevigo #galiciafiddle #sansimonfiddle #encordassfest

08 agosto 2024

A AULA DE ARPA CÉLTICA DA ETRAD NO III ENCONTRO DE ESCOLAS DE ARPA DE GALICIA. 08/AGO. NOIA HARP FEST.



O Noia Harp Fest XI principiou co III Encontro de Escolas de Arpa de Galicia. Participaron unha representación do alumnado de @mayeusisvigo con @beatrizmartinezarpa, @torroso_escola_conservatorio con @laurabarreiro @emm_santiago_de_compostela con @bleuennlefriec, a @etrad_vigo con @begoriobo e @barreiroarpaescola con Alba Barreiro. Como remate todxs xs arpistas interpretaron Albeida, composición do director do festival, Rodrigo Romaní.  Logo do xantar, houbo travesía no Joaquín Vieta dende o porto do Freixo. Moi agradecidxs á organización pola hospitalidade e bo facer!

 

#noiaharpfest #arpa #arpaceltica #asociaciónnoiaharpfest #etrad #etradvigo #mayeusisvigo #escolaconservatoriodetorroso #escolamunicipaldemúsicadesantiagodecompostela #barreiroarpaescola #asociaciònjoaquinvieta #concellodenoia #sociedadliceonoia #asociaciónterradeoutes #anfh www.anfh.gal

23 xuño 2024

ETRADVIGO CURSO 2024-2025. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 24 DE XUÑO.

 

                                             

                                         pastedGraphic.pngpastedGraphic_1.png



ETRADVIGO CURSO 2024-2025. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 24 DE XUÑO.



DE CATRO A SETE ANOS:

MÚSICA E MOVEMENTO 



DENDE OITO ANOS:

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA. 



AULAS ABERTAS DE: 

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, 

CORDA FROTADA, ZANFONA, 



MATRÍCULA: 

dende o luns 24 de xuño ata o 5 de xullo de 2024 permanecerá aberto o periodo de matrícula para o alumnado de cursos anteriores. 



PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO: 

en liña do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2024. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024. 



PREINSCRICIÓN AULAS ABERTAS: 

en liña do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2024. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024.






MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2024-2025


ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES

 

ALUMNADO que pasa aos cursos de: 

- Música e Movemento II, III e IV

- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con Curso de Introdución ao Instrumento (Violín Folk, Acordeón Diatónico e Arpa Céltica)

- 2º e 3º (Itinerario Medio)

- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)

 

NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE. 

 

Deberán efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e formalizar a matrícula. O importe da matrícula non é reembolsable.

 


FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES

 

PRAZO: DO 24 DE XUÑO AO 05 DE XULLO DE 2024

 

A presentación da matrícula será PRESENCIAL.

 

Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado que será facilitado na secretaría.

 

Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.


 

ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS


PREINSCRICIÓN:

Itinerarios Básico, Medio e Aulas Abertas (Dende os 8 anos)

Música e Movemento (Dende os 4 anos ata os sete)



  •  Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024

 


FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS


Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.


A presentación da matrícula será PRESENCIAL.

 

Publicación das listaxes de solicitantes: 10 de setembro de 2024

Sorteo prazas ofertadas: 16 de setembro de 2024

Probas para o Itinerario Medio: do 16 ao 19 de setembro de 2024

Publicación de listas de admitidos: 24 de setembro.

Matrícula: do 24 ao 30 de setembro de 2024

Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro nas oficinas do concello


Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2024

10 xuño 2024

A ETRAD NO TAC (FESTIVAL DE ARQUITECTURA URBANA) PORTA DO SOL. CONCERTOS DE ARRORRÓ, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, ETRAD ZANFONA ENSEMBLE


A ETRAD estará representada na presente edición do TAC, o Festival de Arquitectura Urbana que se celebra simultaneamente nas cidades de San Fernando e Vigo cos concertos de Arrorró (Conxunto de 2º de Avanzado da ETRAD) o luns 17/XUÑO ás 20:30hs, da Banda de Gaitas e Percusión da ETRAD o venres 21/XUÑO ás 20:30hs, e do ETRAD Zanfona Ensemble o martes 25/XUÑO ás 20:00hs, dentro das instalacións do festival ubicadas na Porta do Sol.

A entrada é libre e de balde ata completar aforamento

 

A ETRAD no TAC (Festival de Arquitectura Urbana) 

Porta do Sol. 

Arrorró (Conxunto 2º Avanzado da ETRAD). Luns 17/XUÑO ás 20:30hs.

Banda de Gaitas e Percusión da ETRAD. Venres 21/XUÑO ás 20:30hs.

ETRAD Zanfona Ensemble. Martes 25/XUÑO ás 20:00hs.

AUDICIÓN DE FIN DE CURSO. XOVES 20/XUÑO. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. 18:00HS. ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24

 


Na ETRAD celebramos a chegada da fin do curso 2023-24 coa Audición de Fin de Curso no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro xoves 20 de xuño dende as 18:00 hs. 

As especialidades instrumentais de Arpa céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coa especialidade de Música e Movemento e máis os Conxuntos Instrumentais e as Aulas Abertas da escola agasallárannos coas melodías aprendidas ao longo do curso e deste derradeiro trimestre.

Convidámosvos a vires e a participares connosco da alegría e a enerxía dos varios centos de músicos que están a gozar da aprendizaxe da nosa música tradicional e da música folk na ETRADVIGO.

 
Vai ser de seguro, unha boa festa musical. Non a perdas!!!

 
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO. 

 
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO

 
XOVES 20 / XUÑO.

 
18:00 hs.

 
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO

CONCERTO DO CORO ETRADIVARIUS (A.A. DE CORO DA ETRAD) MÉRCORES 19/XUÑO ÁS 20:30H NO PATIO DA ESCOLA. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24.

 O vindeiro mércores 19 de xuño, ETRADIVARIUS a Aula Aberta de Coro da ETRAD, coa súa mestra, Xela Conde á fronte, ofrécenos un concerto no patio da escola a partires das 20:30 amosándonos o repertorio aprendido ao longo deste curso no que nos convidarán a unha viaxe polo tempo e o espazo nunha volta musical ecléctica á par que entretida.

Vémonos aló!

Concerto do Coro Etradivarius (A.A. de Coro da ETRAD)

Mércores 19 de xuño ás 20:30h no patio da escola

Entrada libre ata completar aforamento

ARRORRÓ (Conxunto II Avanzado). CONCERTO DA ETRAD. MARTES 18/XUÑO. AUDITORIO MUNICIPAL. 19:00hs. Entrada libre e de balde ata completar aforamento.




ARRORRÓ o grupo formado polo alumnado de Conxunto de 2º curso do Itinerario Avanzado da ETRAD, remata a súa xira polos escenarios da bisbarra viguesa co CONCERTO DA ETRAD. Será no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro martes 18 de xuño ás 19:00hs. Previamente ARRORRÓ visitarán a A.V de A Salgueira o domingo 16 ás...

e o escenario do TAC Festival de Arquitectura Urbana o Luns 17 ás 20:30hs.

 ARRORRÓ son:

Carla (Zanfona), Sara (Violín), Lidia (Gaita), Rubén (Gaita), Aldara (Canto e

percusión), Joel (Canto e percusión), Javier Abad (Bouzouki) e Javier

Álvarez (Guitarra).

ARRORRÓ (Conxunto II Avanzado). 

CONCERTO DA ETRAD. 

MARTES 18/XUÑO. 

AUDITORIO MUNICIPAL. 

19:00hs.

Sobre ARRORRÓ: 

No ano 2022 comezan a traballar na asignatura de conxunto instrumental I coa mestra Begoña Riobó un repertorio con arranxos propios sobre música tradicional e temas compostos polxs propixs músicxs. Este traballo continuou neste curso na asignatura de Conxunto II do Itinerario Avanzado co mestre Anxo Pintos para poder iniciar a xira de concertos no mes de marzo.

Dende o principio, Arrorró comeza a arranxar pezas populares e propias que

cada integrante vai aportando, dándolles o seu toque personal e orixinal. 

A troula e a complicidade entre eles son evidentes, pero máis aló diso, o que

realmente une a Arrorró é o seu vínculo emocional. O grupo non é simplemente

un conxunto de músicos, senón uns amigxs que comparten a mesma paixón: o

amor pola música e as ganas de compartilo a través do seu repertorio cantado e

instrumental.


09 xuño 2024

BAILE DAS ANDURIÑAS. PATIO DA ESCOLA. VENRES 14 DE XUÑO DE 17 A 19HS. VÉN TOCAR E BAILAR! EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24.


 O venres 14 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola poderedes subir a tocar coa única premisa de que as pezas a interpretar sexan bailables (dá igual a procedencia: muiñeiras, xotas, xigas, reels, scottish, branles, bourrés, laridés ...)para que o resto d@s asistentes bailen. Os grupos musicais que queran participar han de anotarse na  oficina previamente.

Elixe parella (ou non) e salta ao torreiro!!!

Baile das anduriñas

Patio da Escola

Venres 14 de xuño

De 17 a 19hs

29 maio 2024

CONXUNTANDO. MÉRCORES 05/XUÑO. 18:00H. AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO. ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORAMENTO. EXTRAESCOLARES ETRAD 2023/24

 



O vindeiro mércores celebramos CONXUNTANDO, a audición do 3º trimentre dedicada aos conxuntos instrumentais e as Aulas Abertas da ETRAD. Será o vindeiro mércores 5 de xuño dende as 18:00h no Auditorio Municipal de Vigo. Non perdades a oportunidade de velos!

Extraescolares ETRAD 2023/24

CONXUNTANDO. (Audición de Conxuntos Instrumentais e Aulas Abertas)

Mércores 05/XUÑO.

18:00h.

Auditorio do Concello de Vigo.

Entrada libre ata completar aforamento.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego